martes, 10 de maio de 2016

Actividades

Actividades Letras Galegas

Este luns, 9 de maio, o Concello de Tordoia invitounos a unhas actividades sobre as Letras Galegas que se celebraron na Casa  de Cultura  a cargo do grupo EDUVÍA ( Patricia e Óscar). Dividíronos en equipos, cada un co nome dun escritor homenaxeado nas Letras Galegas ( María Mariño, Castelao, Rosalía , Manuel María..)e comezamos a xogar con distintas probas que fomentaban a nosa creatividade.