martes, 15 de decembro de 2015

LECTURAS PARA O NADAL





TEÑO OS PÉS PERFECTOS está publicado por Kalandraka con texto de María Solar e ilustracións de Gusti. María Solar escribe este libro cunha dupla función, literaria e e informativa, e utiliza o recurso dun libro dentro doutro. O personaxe principal , Melchor Sabichón, preséntase ao concurso Na busca do neno máis listo pero, malia ter preparado moitos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro, que lle facilita a nai, todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos. Descobre, ao rematar o concurso, que o próximo pásanos moitas veces desapercibido. Libro escrito con humor, destinado a lectores autónomos que queiran saber moito sobre pés.




ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA Autor: Ledicia Costas Ilustrador: Víctor Rivas Editorial: Xerais Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario. Recibiu un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina.
               

XOSÉ  NEIRA VILASMostrando Presentación1.jpg



luns, 14 de decembro de 2015