luns, 27 de abril de 2015

APRENDER A APRENDER


Unha guía moi divertida para aprender a estudar, facer traballos, exames, selectividade... feito polo profesor Raúl Martínez do Colexio Villa de Móstoles
Preme neste enlace:
ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

Aprender a estudar


sites.google.com/site/alfinbibliotecasofia/home

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO 23 ABRIL

HISTORIA DO LIBRO
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS EN PECALAMA







   

xoves, 16 de abril de 2015

AS CHEF DE TORDOIA

CONCOURS DE CUISINE fRANCOPHONE
Con data do luns 13 de abril, acudimos a Ordes, ó IES Nº1, para participar no “Premier Concours de Cuisine Francophone” organizado polo Département de Français  daquel instituto. Alí aproveitamos tamén para visitar unha preciosa exposición sobre Le Petit Prince, na que había documentos moi curiosos en torno á obra de Saint-Exupéry e nomeadamente vinteseis versións da obra noutras tantas linguas distintas!!!
Fomos Nerea Castro, Alba Mallo, Sheila Parafita, e a nosa profe de Français, Ilda Lortes. Había moito ambiente, moita xente no público e moitos nervios entre as participantes!!!!
Presentáronse 14 receitas moi lucidas, aínda que xa sabedes cal era a mellor, e non…??? Nós presentamos un prato ben elaborado que nos deu ben que facer…: Hachis Parmentier.
O xurado estaba composto por catro persoas: a Consulesa Honoraria de Francia da Coruña, unha cociñeira do Restaurante Nogallás de Ordes, unha profesora de Français do IES Rosalía de Castro de Santiago, e o xefe de estudos do IES Nº1 de Ordes.
Despois de visionar e cualificar os catorce videos onde as participantes explicaban a receita e a elaboración da mesma, o xurado procedeu a catar os pratos presentados e a puntualos. De seguido, reuníronse para deliberar, e finalmente emitiuse o veredicto…
Desta volta non houbo sorte, pero aínda así quedamos contentas da nosa andaina culinaria e tamén pola nosa compañeira Andrea Lamas, ex-alumna do noso centro e actualmente alumna de 2º Bach do IES Nº1 de Ordes. Ela gañou o  premio correspondente ó nivel de Bacharelato cunha receita de Macarons. Noraboa Andrea!
Foi unha experiencia divertida que repetiremos de seguro noutras ocasións, e mesmo axudaremos a colocar as mesas, como fixemos onte.

ALLEZ, LES FILLES!!! COURAGE!!! LE PROCHAIN CONCOURS SERA À NOUS!!!!



martes, 14 de abril de 2015

DÍA DE XOGOS

rosalia casas de SlidelyGallery by Slidely Photo Gallery

martes, 7 de abril de 2015

Visita de Fina Casalderrey


Fina Casalderrey
           "Son escritora non porque escriba, senón porque me ledes"
O 27 de marzo tivemos a visita da autora de Dúas bágoas por Máquina e O misterio dos fillos de Lúa entre outros moitos libros.
Foi unha charla moi amena e divertida, pasounos o tempo voando escoitando as súas historias. O primeiro que nos preguntou foi: Que é ser un escritor? E contestounos que escritor pode ser calquera, calquera de nós pode contar historias, pero o importante é que haxa alguén que nos escoite ou que nos lea. Deunos as grazas por ler e por ler os seus libros. Contestou todas as nosas preguntas e rematou a charla cunha pequena historia: "Eu son eu", moi graciosa pero tamén moi emotiva porque a protagonista é unha avoa que vai perdendo a memoria.
Despois fixemos unha fila para que nos firmara o libro e agora temos un libro dedicado pola autora.